Quen debe vacinarse?

Persoas con risco de complicacións.

Persoas que lles poden transmitir a gripe a persoas con alto risco de presentar complicacións.

Outras persoas nas cales se recomenda a vacinación.

Persoas con risco de complicacións

• Persoas de 60 ou máis anos, realizando especial énfase na vacinación das persoas de 65 ou máis anos.
• Persoas de calquera idade residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos).
• Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación.
• Nenos e adolescentes (de 6 meses a 18 anos) con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico, pola posibilidade de desenvolver unha síndrome de Reye.
• Persoas menores de 60 anos e maiores de 6 meses con algunha das seguintes patoloxías que presentan un maior risco de padecer complicacións derivadas da gripe:

- Enfermidades do sistema cardiovascular.
- Enfermidades respiratorias (inclúe asma, displasia broncopulmonar, fibrose cística...).
- Enfermidades neurolóxicas, neuromusculares ou outros trastornos que dificulten a mobilización de secrecións ou aumenten o risco de aspiración.
- Enfermidades metabólicas (inclúe diabetes mellitus).
- Enfermidades renais.
- Enfermidades hepáticas.
- Asplenia ou disfunción esplénica.
- Hemoglobinopatías e anemias.
- Pacientes con cancro e inmunosupresión (incluída a causada polo VIH, medicación, receptores de transplantes…).
- Transtornos e enfermidades que implican disfunción cognitiva (síndrome de Down, parálise cerebral, demencias…).
- Persoas con obesidade mórbida (índice de masa corporal ≥ 40 en adultos, ≥ 35 en adolescentes ou ≥ 3 DS na infancia).
- Persoas portadoras de implantes cocleares ou en espera.

Nestes grupos farase un especial fincapé naquelas persoas que precisan seguimento médico periódico ou aquelas hospitalizadas no ano previo.

Persoas que lles poden transmitir a gripe a persoas con alto risco de presentar complicacións

• Todos os traballadores de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios, tanto de atención primaria como de especializada, públicos ou privados, con especial fincapé naqueles que atenden pacientes de alto risco.
• Estudantes en prácticas en centros sanitarios.
• Persoas que traballan en institucións pechadas ou en centros de atanción a enfermos crónicos, especialmente as que teñan contacto continuo con persoas vulnerables.
• Persoas que proporcionan coidados domiciliarios a pacientes de alto risco ou a persoas maiores.
• Membros da familia e conviventes (incluídos nenos) de persoas pertencentes a grupos de risco.

Outras persoas nas cales se recomenda a vacinación

• Persoas que desenvolven traballos esenciais para a comunidade: forzas e corpos de seguridade do Estado, bombeiros, persoal de protección civil, emerxencias sanitarias, traballadores de institucións penitenciarias...
• Traballadores expostos directamente as aves ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas e tamén ás aves silvestres. A finalidade é reducir a oportunidade dunha infección concomitante de virus humano e aviar ou porcino, diminuíndo a posibilidade de recombinación ou intercambio xenético entre ambos virus.

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio