¿Quién debe vacunarse?

¿Quién debe vacunarse?

Personas con riesgo de complicaciones.

Personas que les pueden transmitir la gripe a personas con alto riesgo de presentar complicaciones.

Otras personas en las cuales se recomienda la vacunación.


​​​​Grupos de poboación diana para a vacinación fronte á gripe e á COVID-19



Vacinación fronte á gripe e á COVID-19 

1. Polo maior risco de complicacións ou cadros graves en caso de padecer gripe e COVID-19 

• Persoas de 60 e máis anos.
• Persoas internas en residencias de maiores e centros da discapacidade.
• Embarazadas en calquera trimestre da xestación e mulleres durante o puerperio (ata os 6 meses tras o parto e sempre que non se vacinaran durante o embarazo). 
• Conviventes de persoas pertencentes a grupos de alto risco. 
• Persoas menores de 60 anos de idade coas seguintes condicións de risco:
 - Diabetes mellitus e síndrome de Cushing. 
 - Obesidade mórbida (IMC ≥40 en adultos, ≥35 en adolescentes ou ≥3 DS na infancia). 
- Enfermidades crónicas cardiovasculares, neurolóxicas ou respiratorias, incluíndo displasia broncopulmonar, fibrose quística e asma.
- Enfermidade renal crónica e síndrome nefrótica. 
- Hemoglobinopatías e anemias ou hemofilia, outros trastornos da coagulación e trastornos hemorráxicos crónicos, así como receptores de hemoderivados e transfusións múltiples. 
- Asplenia ou disfunción esplénica grave.
 - Enfermidade hepática crónica, incluíndo alcoholismo crónico.
- Enfermidades neuromusculares graves. 
- Inmunosupresión (incluíndo as inmunodeficiencias primarias e a orixinada pola infección por VIH, por fármacos, así como nos receptores de transplantes e déficit de complemento. En pacientes con antecedentes de transplante de proxenitores hematopoéticos, no caso de administrar unha dose antes do sexto mes postransplante, recoméndase administrar unha segunda dose ás 4 semanas. En pacientes con antecedente de transplante de órgano sólido, recoméndase só unha dose anualmente.
- Cancro e hemopatías malignas. 
- Fístula de líquido cefalorraquídeo e implante coclear ou en espera del. 
- Enfermidade celíaca. 
- Enfermidade inflamatoria crónica. 
- Trastornos e enfermidades que supoñan disfunción cognitiva: síndrome de Down, demencias e outras. 

 2.Para reducir o impacto e o mantemento de servizos críticos e esenciais na comunidade 
• Persoal de centros e establecementos sanitarios e sociosanitarios públicos e privados (tanto sanitarios como non sanitarios, excepto estudantes nos que só se recomenda vacinación fronte á gripe). Campaña de vacinación fronte á gripe e á COVID-19. 2023 18 
• Persoal de oficinas de farmacia e persoal que traballa nos servizos de emerxencias sanitarias. 
• Persoas que proporcionan coidados domiciliarios a pacientes con condicións de risco ou maiores. 
• Persoas que traballan en servizos públicos esenciais, con especial énfase nos seguintes: 
 - Forzas e corpos de seguridade do Estado, con dependencia nacional, autonómica ou local. 
- Bombeiros. 
- Servizos de protección civil.

Vacinación fronte á gripe 

Ademais dos anteriores, recoméndase a vacinación fronte á gripe a: 

• Poboación infantil de entre 6 e 59 meses de idade. 

• Persoas de 5 a 59 anos que presentan un maior risco de complicacións derivadas da gripe:
- Persoas de 5 a 18 anos de idade que reciben tratamento prolongado con ácido acetilsalicílico, pola posibilidade de desenvolver un síndrome de Reye tras a gripe.
- Persoas fumadoras. 

• Profesionais ou estudantes en prácticas de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios e sociosanitarios. 

 • Persoas con exposición laboral directa a animais ou ás súas secrecións en granxas ou explotacións avícolas, porcinas ou de visóns ou a fauna silvestre (aves, xabarís ou mustélidos), como gandeiros, veterinarios, traballadores de granxas, cazadores, ornitólogos, axentes de medio ambiente, persoal de zoolóxicos, etc. A finalidade é reducir a oportunidade dunha infección concomitante de virus humano e aviario ou porcino, diminuíndo a posibilidade de recombinación ou intercambio xenético entre ambos os virus. 

Nuestra prioridad, tu garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde