Quen debe vacinarse?

Quen debe vacinarse?

Persoas con risco de complicacións.

Persoas que lles poden transmitir a gripe a persoas con alto risco de presentar complicacións.

Outras persoas nas cales se recomenda a vacinación.​​​​​

PERSOAS QUE TEÑEN MAIOR RISCO DE PRESENTAR COMPLICACIÓNS EN CASO DE TEREN UNHA GRIPE:

POBOACIÓN DIANA

• Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as persoas de 65 ou máis anos.
• Residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos).
• Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación e puérperas nos 6 primeros meses tralo parto se non foron vacinadas anteriormente.
•​ Nenos e nenas de 6 a 59 meses
• Nenos e adolescentes (de 6 ​meses a 18 anos) que reciben tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico.
• Persoas menores de 65 anos e maiores de 6 meses con algunha das seguintes patoloxías que presentan un maior risco de padecer complicacións derivadas da gripe, principalmente si precisan seguimento médico periódico ou foran hospitalizadas no ano precedente:

- Enfermidades crónicas cardiovasculares. neurolóxicas ou respiratorias, incluíndo displasia broncopulmonar, fibrosis quística e asma.
- Diabetes mellitus 
- Obesidade mórbida (IMC ≥ 40 en adultos, ≥ 35 en adolescentes ou ≥ 3 DS na infancia).
- Enfermidade renal crónica e síndrome nefrótica.
- Hemoglobinopatías e anemias.
- Hemofilia, outros trastornos da coagulación e trastornos hemorráxicos crónicos así como receptores de hemoderivados e transfusións múltiples.
- Asplenia ou disfunción esplénica.
- Enfermidade hepática crónica, incluíndo alcoholismo crónico.
- Enfermidades neuromusculares graves.
- Inmunosupresión (incluíndo as inmunodeficiencias primarias e a orixinada pola infección por VIH -incluíndo tratamento con eculizumab- nos receptores de transplantes e déficit de complemento).
- Cancro e hemopatías malignas.
- Implante coclear ou en espera do mesmo.
- Fístula de líquido cefalorraquídeo.
- Enfermidade celíaca.
- Enfermidade inflamatoria crónica.
- Trastornos e enfermidades que conlevan disfunción cognitiva: Síndrome de Down, demencias e outras.


PERSOAS QUE PODEN TRANSMITIR A GRIPE A PERSOAS CON ALTO RISCO DE PRESENTAR COMPLICACIÓNS

• Persoal dos centros, servizos e establecementos sanitarios, tanto de atención primaria como hospitalaria, pública e privada, así como persoal de oficinas de farmacia. Farase especial énfase no persoal que ten contacto mantido con pacientes de algún dos grupos de alto risco anteriormente descritos.
• Persoas que traballan en institucións xeriátricas ou en centros de atención a enfermos crónicos, especialmente as que teñan contacto continuo con persoas vulnerables.
• Estudantes en prácticas en centros sanitarios.
• Persoas que proporcionan coidados domiciliarios a pacientes de alto risco ou maiores.
• Conviventes (incluídos nenos) de persoas pertencentes a grupos de risco.


​​​​OUTRAS PERSOAS NAS CALES SE RECOMENDA A VACINACIÓN

• Traballadores en servizos públicos esenciais, destacando:

- Forzas e corpos de seguridade do Estado
- Bombeiros
- Servizos de protección civil
- Persoal que traballan nos servizos de emerxencias sanitarias
- Persoal de institucións penitenciarias e doutros centros de internamento xudicial (incluíndo centros de acollida de inmigrantes)

• Persoas con exposición laboral directa a aves domésticas ou porcos en granxas ou explotacións avícolas ou porcinas e tamén ás aves silvestres. A finalidade é reducir a oportunidade dunha infección concomitante de virus humano e aviar ou porcino, diminuíndo a posibilidade de recombinación ou intercambio xenético entre ambos virus. Polo mesmo motivo e trala detección dun abrocho de gripe aviaria nunha granxa de visóns na Coruña, tamén se inclue aos traballadores en contacto con visóns como persoas ás que se lle recomenda a vacina antigripal. 

​​​​​​

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde