Información básica da campaña

Información destacada da campaña

DATAS DE INICIO E FIN DA CAMPAÑA

​• Data inicio: 23 de outubro

• Data finalización: 29 de decembro

 

POBOACIÓN DIANA

• Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as de 65 ou máis anos

• Persoas de calquera idade residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos)

• Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación

• Nenos e adolescentes con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico

• Persoas menores de 60 anos con patoloxías de risco (definidas na instrución)

• Traballadores e estudantes en prácticas de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios, tanto de atención primaria como de especializada, con especial énfase naqueles que atenden a grupos de risco

• Persoas que traballan en institucións pechadas

• Persoal que proporciona coidados domiciliarios a pacientes de risco

• Persoas que desenvolven traballos esenciais para a comunidade

• Traballadores expostos directamente ás aves ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas e tamén ás aves silvestres

 

VACINAS DA CAMPAÑA

• Chiroflu®: para persoas menores de 75 anos

• Intanza 15®: para persoas de 75 ou máis anos e de 65 ou máis anos ingresadas en residencias 

 

PAUTA DE VACINACIÓN

• Unha dose, agás nos menores de 9 anos, que poden necesitar dúas.

 

DISTRIBUCIÓN DE VACINAS:

Carga inicial de doses

• Os centros pertencentes ao Sergas recibirán unha carga inicial de doses sen ter que solicitala.

• Os restantes centros (hospitais privados, centros médicos privados, residencias...) deberán solicitar a carga inicial de doses vacinais ás xefaturas territoriais correspondentes.

Días de distribución

• 1ª-2ª semana (23 de outubro-3 de novembro): martes/mércores/venres.

• 3ª-4ª semana (6 de novembro-17 de novembro): martes/xoves.

• A partir da 5ª semana (20 de novembro): xoves.

 

SISTEMÁTICA DE PETICIÓNS

Prema nesta ligazón https://goo.gl/9Hco69

 

REXISTRO DE DOSES

• Centros pertencentes á rede do Sergas: modulo habilitado en IANUS.

• Restantes centros: prema nesta ligazón https://goo.gl/9Hco69

 

TELÉFONOS DE CONTACTO

Xefaturas territoriais da Consellería de Sanidade

• A Coruña: corunavacinas.dlpc@sergas.es

981 155 822 / 981 082 261

• Lugo: xtlu_vacinas@sergas.es

982 292 117 / 982 292 113

• Ourense: vacinas.sanidade.ourense@sergas.es

988 066 347 / 332

• Pontevedra: vacinas.delegacion.pontevedra@sergas.es

986 885 826 / 824

• Vigo: vacinas.delegacion.pontevedra@sergas.es

986 817 724 / 986 817 233

Xerencias de xestión integrada

• A Coruña-Cee: 696 384 070 / 460 433 / 297 211

• Ferrol: 981 334 018

• Santiago-Barbanza: 250 480

• Lugo-Cervo-Monforte de Lemos: 982 296 130

• Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras: 988 066 439

• Pontevedra-O Salnés: 986 807 011

• Vigo: 619 606 625 / 463 943 / 986 816 465