Persoas con risco de complicacións.
Persoas que lles poden transmitir a gripe a persoas con alto risco de presentar complicacións.
Outras persoas nas cales se recomenda a vacinación.
Grupos de poboación diana
para a vacinación fronte á gripe e
á COVID-19
Vacinación fronte á gripe e á COVID-19
1. Polo maior risco de complicacións ou cadros
graves en caso de padecer gripe e COVID-19
• Persoas de 60 e máis anos.
• Persoas internas en residencias de maiores e centros da discapacidade.
• Embarazadas en calquera trimestre da xestación e mulleres durante o puerperio (ata os 6 meses tras o parto e sempre que non
se vacinaran durante o embarazo).
• Conviventes de persoas pertencentes a grupos de alto risco.
• Persoas menores de 60 anos de idade coas seguintes condicións
de risco:
- Diabetes mellitus e síndrome de Cushing.
- Obesidade mórbida (IMC ≥40 en adultos, ≥35 en adolescentes
ou ≥3 DS na infancia).
- Enfermidades crónicas cardiovasculares, neurolóxicas ou respiratorias, incluíndo displasia broncopulmonar, fibrose quística
e asma.
- Enfermidade renal crónica e síndrome nefrótica.
- Hemoglobinopatías e anemias ou hemofilia, outros trastornos
da coagulación e trastornos hemorráxicos crónicos, así como
receptores de hemoderivados e transfusións múltiples.
- Asplenia ou disfunción esplénica grave.
- Enfermidade hepática crónica, incluíndo alcoholismo crónico.
- Enfermidades neuromusculares graves.
- Inmunosupresión (incluíndo as inmunodeficiencias primarias e
a orixinada pola infección por VIH, por fármacos, así como nos
receptores de transplantes e déficit de complemento. En pacientes con antecedentes de transplante de proxenitores hematopoéticos, no caso de administrar unha dose antes do sexto mes
postransplante, recoméndase administrar unha segunda dose ás
4 semanas. En pacientes con antecedente de transplante de órgano sólido, recoméndase só unha dose anualmente.
- Cancro e hemopatías malignas.
- Fístula de líquido cefalorraquídeo e implante coclear ou en espera del.
- Enfermidade celíaca.
- Enfermidade inflamatoria crónica.
- Trastornos e enfermidades que supoñan disfunción cognitiva:
síndrome de Down, demencias e outras.
2.Para reducir o impacto e o mantemento
de servizos críticos e esenciais na comunidade
• Persoal de centros e establecementos sanitarios e sociosanitarios
públicos e privados (tanto sanitarios como non sanitarios, excepto
estudantes nos que só se recomenda vacinación fronte á gripe).
Campaña de vacinación fronte á gripe e á COVID-19. 2023
18
• Persoal de oficinas de farmacia e persoal que traballa nos servizos de emerxencias sanitarias.
• Persoas que proporcionan coidados domiciliarios a pacientes con
condicións de risco ou maiores.
• Persoas que traballan en servizos públicos esenciais, con especial
énfase nos seguintes:
- Forzas e corpos de seguridade do Estado, con dependencia nacional, autonómica ou local.
- Bombeiros.
- Servizos de protección civil.
Vacinación fronte á gripe
Ademais dos anteriores, recoméndase a vacinación fronte á gripe a:
• Poboación infantil de entre 6 e 59 meses de idade.
• Persoas de 5 a 59 anos que presentan un maior risco de complicacións
derivadas da gripe:
- Persoas de 5 a 18 anos de idade que reciben tratamento prolongado
con ácido acetilsalicílico, pola posibilidade de desenvolver un síndrome
de Reye tras a gripe.
- Persoas fumadoras.
• Profesionais ou estudantes en prácticas de centros sanitarios, servizos e
establecementos sanitarios e sociosanitarios.
• Persoas con exposición laboral directa a animais ou ás súas secrecións
en granxas ou explotacións avícolas, porcinas ou de visóns ou a fauna
silvestre (aves, xabarís ou mustélidos), como gandeiros, veterinarios,
traballadores de granxas, cazadores, ornitólogos, axentes de medio ambiente, persoal de zoolóxicos, etc. A finalidade é reducir a oportunidade
dunha infección concomitante de virus humano e aviario ou porcino, diminuíndo a posibilidade de recombinación ou intercambio xenético entre
ambos os virus.