É segura a vacina?

É segura a vacina?

É unha das vacinas máis seguras


É imposible que cause a gripe

É unha das máis seguras e que reúne a menor taxa de notificacións de efectos adversos.

Os efectos adversos son pouco frecuentes e, cando aparecen, adoitan ser leves, locais e de curta duración, o máis frecuente é a reacción local no lugar da inxección e habitualmente desaparecen sen necesidade de tratamento. Ás veces, pode aparecer febre, malestar e dores musculares (1-2 días).

Estase empregando desde hai máis de 60 anos e xa se administraron máis de 1.000 millóns de doses.

Non provoca gripe: As vacinas antigripais utilizadas conteñen soamente virus inactivados (NON INFECCIOSOS) ou fragmentos de virus, polo que é IMPOSIBLE que cause a gripe.

Máis información sobre a seguridade da vacina nos seguintes enlaces:

https://espanol.cdc.gov/enes/flu/prevent/general.htm

https://www.vacunas.org/seguridad-vacunal-gripe/

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde