Acceso á páxina de solicitude de vacinas.
Prema nesta ligazón
https://extranet.sergas.es/vaweb/VAWEB/AccesoPeticionesVacunas.aspx?IdPaxina=700263&seccion=0
Todos os usuarios/as deberán ter habilitado o permiso correspondente para realizar a petición de vacinas. Para solicitalo por primeira vez, deberán poñerse en contacto coa xefatura territorial de Sanidade correspondente (os datos de contacto figuran ao final deste documento).
Centros pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde
Os usuarios/as habilitados accederán introducindo o nome de usuario e o contrasinal que utilizan habitualmente para os equipos do Sergas.
Restantes centros
Deberán acceder ao sistema mediante o certificado dixital.
No caso de que aconteza calquera circunstancia que impida realizar a petición de vacinas, o usuario/a deberase poñer en contacto coa xefatura territorial de Sanidade correspondente.
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE
A data de petición, os datos de identificación do punto de vacinación, así como a xefatura territorial de Sanidade a quen se realiza o pedido aparecen por defecto*.
*Os centros nos que se ubican varios puntos de vacinación, deberán seleccionar o punto concreto para o que se solicitan as vacinas.
Selección da vacina:
No campo VACINA débese seleccionar: GRIPE ESTACIONAL. Ao premer en gripe estacional, aparecen os nomes comerciais: Efluelda® e VaxigripTetra®.
No recadro en branco que figura ao lado de cada unha delas, débese cubrir o número de doses necesarias.
NOTA: É imprescindible cubrir a cantidade solicitada das tres vacinas. No caso de que, dunha delas non se soliciten doses, haberá que poñer un cero (0) na cantidade. Estes dous campos son obrigatorios e non deixará gravar a solicitude no caso de que ún deles estea en branco.
A petición realizada aparece na parte inferior como Gripe Estacional, e o detalle das vacinas solicitadas figura no campo: “Pedido gripe”. De querer suprimir a petición desta vacina, pulse “eliminar”, no caso contrario pulse “Gravar”.
Confirmación e impresión de petición de vacinas
Se o pedido se gravou correctamente, aparecerá a seguinte mensaxe:
Existe a posibilidade de imprimir, abrir ou gardar a petición en pdf.
Xefaturas territoriais da Consellería de Sanidade