Gripe aviar

Vixilancia e control

​A gripe aviar é unha enfermidade orixinada por virus gripais tipo A procedentes das aves acuáticas silvestres, que poden infectar ás aves de corral e outras especies de aves e animais, incluíndo ao humano, no que se veñen producindo infeccións esporádicas. Destacan o virus da gripe A(H5N1), moi transmisible e altamente patóxeno en aves, polo que non son raros os abrochos nos lugares nos que se introduciu o virus, e o virus da gripe A(H7N9), que tamén é moi transmisible pero pouco patóxeno en aves, polo que non é nada doado de identificar, feito que dificulta notablemente o seu control e facilita a infección humana.

Pódense consultar as estratexias de vixilancia e actuación, nas seguintes ligazóns: H5N1  - H7N9

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio