É efectiva a vacina?

Estímase que pode evitar un 80% das mortes debidas a complicacións da gripe

A efectividade da vacina varía anualmente dependendo do nivel de concordancia que se obteña co virus circulante e o tipo de virus que predomine esta temporada: a vacina funciona mellor fronte aos virus B e A (H1N1) e ofrecen menor protección fronte a virus A (H3N2).

Tamén varía a efectividade en función das características individuais da persoa que reciba a vacina: idade, estado de saúde…

O impacto da vacina calcúlase mediante modelos matemáticos que se basean en cantos casos de gripe, hospitalizacións, ingresos en UCI e defuncións se preveñen cada ano coa vacinación fronte á gripe.

De xeito xeral, estimase que a vacinación diminúe o risco de contraer a enfermidade dun 30% a un 80% na poboación xeral e pode evitar ata un 80% de mortes debidas as complicacións.

Así na tempada 2018-2019 en maiores de 64 anos en España estimase que preveu:

98.000 casos leves.

3.880 hospitalizacións con gripe confirmada.

1000 admisións en UCI.

2.390 defuncións atribuíbles á gripe.

 

Máis información sobre a eficacia da vacina no seguinte enlace:

https://www.vacunas.org/eficacia-gripe/

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio