Gripe e COVID-19

Gripe e COVID-19

Este ano a vacinación antigripal é máis importante que nunca no contexto da pandemia pola COVID-19 que estamos a padecer. Esta vacina prevén a enfermidade causada polo virus da gripe e ten impacto na diminución da hospitalización e da mortalidade nas persoas con máis risco de enfermidade grave. Consecuentemente tamén reduce a carga asistencial sobre o sistema sanitario.

O ter padecido COVID-19 non indica nen contraindica a vacinación antigripal, a indicación é a pertenza a un dos grupos diana.

Pode consultar toda a información relativa á COVID-19 no seguinte enlace:https://coronavirus.sergas.gal/​

Tamén se pode consultar a nota do ministerio de sanidade en relación á vacina da gripe e a COVID-19 no seguinte enlace: https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/vacunaciones/docs/COVID-19_Vacunaciongripe.pdf​​​